Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.250

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 194/2003, do 20 de marzo, polo que se aproba a estructura orgánica da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

Advertida a omisión dunha disposición transitoria na páxina 3.830 do Diario Oficial de Galicia número 62, do venres 28 de marzo, antes da disposición derrogatoria, debe publicarse a seguir:

«Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido das subdireccións xerais ou dos servicios existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das citadas unidades, autorízase o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por proposta do secretario xeral da consellería, para readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior».