Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

En virtude do acordado pola Comisión de Goberno, en sesión do día 14 de febreiro de 2003, anúnciase concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da seguinte obra, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios da competencia municipal 2003, denominada «Rede de sumidoiro en Feáns, primeira fase».

Tipo de licitación: 68.638,32 euros.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza: provisional non se esixe e definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Expediente: poderá ser examinado en secretaría, en horas de oficina.

Proposicións: no prazo de 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, nas oficinas municipais, en horas de 9 a 13.

Modelo de proposición: en modelo oficial conforme o prego de cláusulas administrativas xerais.

Apertura de proposicións: na sala de sesións, o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

Aranga, 17 de febreiro de 2003.

Manuel Brañas Abad

Alcalde-presidente