Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/41-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. subestación Cambados-Castrelo.

Situación: concello de Ribadumia.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-110 de 132 m de lonxitude, con orixe no apoio metálico L.M.T. CD Cambados-Barrantes e remate no apoio tubular que se vai instalar na L.M.T. a Revolta-Castrelos, no apoio derivación ó C.T. C. Galicia. L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.Z. de 2.750 m de lonxitude, desde a L.M.T. Revolta-Castrelos na derivación ó C.T. C. Galicia e remate na L.M.T. Acha, na derivación ó C.T. Taboeiros, concello de Ribadumia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra