Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.151

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Por Orde do 10 de outubro de 2002, convocouse concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensinanza secundaria, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Procede agora, facer pública a adxudicación provisional de destinos obtidos neste concurso de traslados. Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-En virtude desta resolución provisional de concurso de traslados adxudicar destino provisional, ós profesores que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Publicar a relación de excluídos no anexo VII polas causas que se indican.

Terceiro.-Contra esta resolución provisional cabe reclamación e renuncias no prazo de oito días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Nembargantes, serán admitidas as reclamacións e renuncias con anterioridade.

Cuarto.-As reclamacións e renuncias poderánse presentar no centro destino sempre que ademáis, se remitan por fax o servicio de profesorado de ensino secundario, formación profesional e especiais, número de fax 981-545484.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO VII

Excluídos

Apelidos e nomeDNICausa de exclusión

Gómez Vilar, Javier33306796É profesor de ensino secundario e non pode concursar ó corpo de artes
Hernández Hernández, Begoña34255977Non pode concursar á especialidade de 590105, non é titular
Otero Urtaza, José Mª35249066Non pode concursar á especialidade de 590019, non é titular