Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 13 de xaneiro de 2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para xustificación de fachada marítima na rúa Lucena, nº 14, Carril, promovido por Daniel Vicente Maneiro e redactado pola arquitecta Mercedes Muñóz Jaureguialzo.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 92.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 15 de xaneiro de 2003.

Joaquín J. Gago López

Alcalde