Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 8/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 20 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxuste de aliñación nun rueiro do ámbito catastral 95766, parcelas 01 a 09, situándose no lugar de Palavea Vella lindando ó norte coa estrada C-550, promovido por Construccións Valle de Ulloa, S.L.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.

Terceiro.-Notificarlle-la aprobación definitiva ós interesados no expediente de referencia EDD 8/2002.

Este acordo pon fin a vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo