Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación do servicio dun (1) helicóptero con destino á vixilancia preventiva durante o ano 2003.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicio dun (1) helicóptero con destino á vixilancia preventiva durante o ano 2003.

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cento dezasete mil trescentos (117.300) euros.

5. Clasificación esixida:

Non se precisa.

6. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: 2.346 euros.

7. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2330.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe ASUNTO: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobre A):

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas:

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral de la Consellería de Medio

Ambiente