Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 18 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de Caraño (Pol-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Caraño (Pol-Lugo) e resoltos tódolos recursos interpostos contra el, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios. Detectados diversos erros na súa publicación e, co fin de emendalos, establécese como nova data límite para esta o día 30-4-2003, sendo obrigatoria para tódalas persoas interesadas. No caso de que algún/a propietario/a non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta delegación, sita na Ronda da Muralla nº 70 de Lugo, acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente

de concentración, no prazo de trinta días, contados desde o día 1-5-2003.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de sustitución outorga ás persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa achegante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución antes do prazo indicado, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó/a propietario/a do novo predio.

Lugo, 18 de marzo de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo