Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/338).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S., C.T.C. Dexo.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica aerosubterránea de media tensión a 15/20 kV, de 28 m de lonxitude sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, con orixe na liña que alimenta o C.T. Dexo antigo, que se vai desmontar, seguido de tramo subterráneo de 6 m, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al e final en C.T.C. Dexo, que se vai instalar.

Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Dexo. Concello de Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 11 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña