O Xulgado de Primeira Instancia número seis de Pontevedra, por auto dictado o 14 de febreiro de 2003 declarou á Comunidade Autónoma de Galicia, herdeira legal dos bens de Juan Clemente Martín, de Pontevedra.
A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo o artigo 153.2º da Lei 4/1995, do 24 de maio, do Dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.
En consecuencia, faise público o seguinte:
Anuncio.
No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4.1º b), do Decreto 312/2000, do 28 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda; de acordo co disposto no artigo 10 do antedito Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Juan Clemente Martín, falecido o 2 de maio de 2000 en Pontevedra, formulen alegacións perante a Consellería de Economía e Facenda.
O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo en Área Central, rúa Varsovia nº 4C, 1ª planta, oficina 7N, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA