Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa, a María del Carmen Iglesias Pérez (praza 67/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 9 de outubro de 2001 (BOE do 31 de outubro) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa, en prol de María del Carmen Iglesias Pérez con documento nacional de identidade número 35301749-S, e cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 e agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Iglesias Pérez, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó a súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo ante citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,

modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de febreiro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO