Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de marzo de 2003 pola que se lle autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións ó centro privado Leus de Carballo (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia da titularidade do centro privado Leus de Carballo (A Coruña), no que se solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións e a autorización definitiva para impartir 3 unidades de educación infantil, 6 unidades de educación primaria e 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro privado Leus de Carballo (A Coruña) o cambio de domicilio por traslado de instalacións.

Segundo.-Autorízanse as ensinanzas e as correspondentes unidades, segundo os datos que figuran no anexo.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Carballo.

Localidade: Carballo.

Enderezo: estrada de Razo, km 1,200.

Código do centro: 15002566.

Denominación: centro privado Leus.

Titular: E.U.S.L.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.