Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.060

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 26 de febreiro de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontanes, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 26 de febreiro de 2003.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

de Galicia

ANEXO

Interesado: Santa Compaña Galega.

NIF: B32199234.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia. R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña).