Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S., C.T.C. Rosol.
Situación: Culleredo.
Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión a 15/20 kV, coa orixe na liña existente no lugar de Acea da Ma, con tramo aéreo sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 32 m de lonxitude seguido de tramo subterráneo, baixo tubo, de 10 m de lonxitude con con
ductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al e final no C.T. Rosol, para instalar.
Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV denominado Rosol en Acea da Ma. Concello de Culleredo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 19 de febreiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña