Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/386, modificado I).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I L.M.T.A. Coucieiro-Cañotas.

Situación: Val do Dubra.

Descricións técnicas: modificado I do proxecto de L.M.T.A. Coucieiro-Cañotas, consistente na instalación da: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-110, de 704 m de lonxitude, na liña que alimenta o C.T. Cañotas e final no apoio nº 11 da propia liña. Liña das mesmas características de tensión e apoios, con conductor LA-56, de 470 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 11 da anterior e final no C.T. Brañas do Mazo. Centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Brañas do Mazo. Concello de Val do Dubra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285),

e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 11 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña