Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de novembro de 2002, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa RIXE.

Adxudicatario: Necso Entrecanles Cubiertas, S.A.

Orzamento: 10.433.813,81 euros.

-Acondicionamento da estrada OU-312 Vilaméa-Río Caldo. Ourense.

Adxudicatario: Máximo Rodríguez González.

Orzamento: 418.500 euros.

-Mellora da intersección C-550 Cangas-Ponte de Rande. Travesía de Moaña p.k. 121+500.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 224.372,97 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. o que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 21-11-2002)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda