Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais, que foi convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo.

O tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), nomeado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio), na sesión que tivo lugar o

día 21 de marzo de 2003, acordou, de conformidade co disposto na base IV da convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación acadada.

Así mesmo, tal e como dispón a antedita base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral de Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma de puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal como dispón a base II.2.5 da convocatoria, sendo a que figura no anexo que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Antonio de la Hera Roldán

Presidente do tribunal

ANEXO

Proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior (grupo A), escala de enxeñeiros industriais da Xunta de Galicia.

Acceso libre

OPOSITORDNIEX. 1ºEX. 2ºEX. 3ºEX. 4ºCONCURSONOTA FINAL

PEREIRA CASTELO GUILLERMO JOSE33308290N14,1319,67EXENTO8,513,8056,10

VAZQUEZ LEIRADO JOSE MANUEL33314330A12,9315,73EXENTO8,50,037,16

SANCHEZ LOPEZ FERNANDEZ MANUEL32663575X15,0015,67EXENTO6,000,2036,87