Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.028

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de sistemas e tecnoloxía da información, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 27 de decembro. Corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 251, do 30 de decembro e número 9 do 15 de xaneiro de 2003 e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información

Titular:

Presidente: Álvaro Manuel Rodríguez Carballo, director xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Vocais:

Mª Carmen Bianchi Valcarce, delegada provincial de Pontevedra da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Antonio Santos del Riego, profesor titular da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega da Administración Pública.

Xosé Antón Vila Sobrino, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Pedro Vilar López, funcionario da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidente: Eliseo Sastre Serrano, subdirector xeral de contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Vocais:

Jorge Remuiñán Suárez, xefe de Servicio de Informática. Parlamento de Galicia.

Bernardino Arcay Varela, catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Xoán Manuel Pardo López, en representación das organizacións sindicais

Secretario: Jaime Morales Piñeiro, funcionario da Xunta de Galicia.