Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-152/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto de 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a José María Muiños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concedéndolle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que considere axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-152/2002-PO.

Denunciado: Bernardino Castro Gómez.

Último enderezo coñecido: Sierra nº 16-Salceda de Caselas.

Feito denunciado: carecer do certificado de desinfección do vehículo.

Data do acordo de incoación: 20-12-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.2º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o Regulamento de epizootias de 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 300 euros.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO