Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre a notificación de actuación da empresa Eurocontrol, S.A. como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinado o escrito presentado por Ruth García Taboada, en calidade de representante de Eurocontrol, S.A., con CIF A-28318012 e con enderezo social en r/ García Olloqui, 6-4ºB, de Vigo (Pontevedra), mediante o que notifica a intención da súa representada de actuar como organismo de control nos campos acreditados por ENAC; resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Eurocontrol, S.A. foi acreditada por ENAC, entidade nacional de acreditación, con data 6-6-1997, como entidade de inspección con número de acreditación 06/EI007, segundo os criterios da norma EN 45004:1995, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico de data 24-5-2002 da acreditación de ENAC correspondente.

Segundo.-Con data 10 de xullo de 1997 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Emprego, da Comunidad Autónoma de Madrid autoriza a empresa Eurocontrol, S.A. para actuar como organismo de control autorizado.

Terceiro.-Con data 13 de setembro de 2002, Ruth García Taboada, en nome e representación de Eurocontrol, S.A., presentou un escrito mediante o que, ó amparo do Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia, notificaba a intención da súa representada de actuar como organismo de control autorizado para os ámbitos regulamentarios indicados nesta resolución. Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 4, 5 e 6, así como a especificada no anexo II do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do

4 de novembro e no Decreto 15/2002 do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 8/2003, do 18 de xaneiro e 23/2003, do 20 de xaneiro, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria e o Real Decreto 2200/1995, do 2 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, así como, do Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia, e demais lexislación concordante.

Segundo.-A documentación presentada por Eurocontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas nos artigos 4, 5, 6 e 7, do Decreto 426/2001, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Non manifestar oposición ningunha para que Eurocontrol, S.A. actúe como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades de inspección indicadas e comprendidas nos campos regulamentarios que, de acordo cos documentos normativos recollidos no anexo técnico de data 24-5-2002 da acreditación nº 06/EI007, se relacionan de seguido:

Instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construccións de maquinaria con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención, instalacións petrolíferas, cables de aceiro.

Segundo.-Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos contemplados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC, e queda supeditada ó cumprimento das seguintes condicións:

1ª Eurocontrol, S.A. débelle comunicar á dirección xeral competente en materia de industria calquera variación dos seus técnicos inspectores no prazo dun mes.

2ª Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá segui-los trámites establecidos nos artigos 4, 5 e 7 do Decreto 426/2001, do 15 de novembro, para a súa autorización.

3ª Eurocontrol, S.A. deberalle comunicar á delegación provincial competente en materia de industria, e alomenos con 5 días de antelación, as actuacións que vaia realizar. Como consecuencia da dita

actuación calquera informe, acta, protocolo ou certificación, independentemente de que sexan favorables ou desfavorables, deberán ser remitidas no prazo de dez días á delegación provincial mencionada.

4ª Eurocontrol, S.A. deberá presentar semestralmente ante a delegación provincial competente en materia de industria unha memoria por campo de actividade das actuacións realizadas na provincia, nas que consten a identificación dos titulares das instalacións, equipos e/ou instalacións inspeccionadas cos seus números de identificación ou fabricación, data de inspección e resultado dela, co fin de manter actualizados os rexistros correspondentes.

5ª Anualmente deberá de presentar, no primeiro trimestre, unha memoria ante a dirección xeral competente en materia de industria segundo o artigo 18 do Decreto 426/2001.

6ª Eurocontrol, S.A. comunicaralles ás delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de establecementos industriais, determinado pola Lei de Industria e regulado polo Real decreto 697/1995, do 28 de abril, e o Decreto 115/2000, do 11 de maio.

7ª Eurocontrol, S.A. presentará no prazo dun ano a partir da data da notificación desta resolución unha certificación de ENAC conforme a que tódolos centros de traballo e delegacións dela situadas na Comunidade Autónoma de Galicia tivéronse en conta para a realización das auditorías de seguimento da acreditación con relación ós campos regulamentarios autorizados e os documentos normativos correspondentes ós ditos campos.

8ª Eurocontrol, S.A. comunicaralle á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, acompañando, se é o caso, informe ou certificado da entidade de acreditación (ENAC).

9ª Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

10ª Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos establecidos no Decreto 426/2001, do 15 de novembro.

Notifíquese esta resolución ó interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas