Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 10 de marzo do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación e servicios na rúa Constanza de Castro.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: noventa mil catrocentos sesenta euros con oito céntimos (90.460,08 A), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 65.531,79 A.

Gastos xerais: 8.519,13 A.

Beneficio industrial: 3.931,91 A.

IVE: 12.477,25 A.

4. Garantías.

a) Provisional: mil oitocentos nove euros con vinte céntimos (1.809,20 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á dis

posición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes s/n, en horario de 8 a 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o último día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: vivieiro*fegamp.es.

Viveiro, 18 de marzo de 2003.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental