Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante poxa, para a execución das obras de construcción de vestiarios e peche da pista polideportiva do CEIP de Esteiro.

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: construcción de vestiarios e peche da pista polideportiva do CEIP de Esteiro.

2. Orzamento: 138.387,36 euros, incluído IVE.

3. Aplicación orzamentaria: ano 2003: 22000-4221-60101.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación: categoría D, grupo C, subgrupos 3, 6, 9.

6. Lugar e hora de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Ferrol en horas de 9 a 13 os días hábiles, durante o prazo de presentación de ofertas. Así mesmo, poderán presentarse nas oficinas de correos, nas representacións diplomáticas ou nas oficinas consulares de España no estranxeiro segundo se establece na cláusula 11 do presente prego.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir da data de publicación

do anuncio no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo este trasladarase ó seguinte día hábil).

8. Garantía provisional: 2.767,75 euros.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: si.

Outros datos:

Información teléfono: 981 33 67 00, extensión 174 e 179. Negociado de Educación do Concello de Ferrol.

Número de fax do rexistro xeral: 981 35 41 22.

Enderezo do Concello de Ferrol: praza de Armas, s/n, 15402 Ferrol (A Coruña).

Ferrol, 21 de febreiro de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde