Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2003 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 32-100/2001.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo presidente do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante os servicios centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza de Europa, nº 10 A-2º (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 32-100/2001.

Interesado: Fepsa Galicia, S.L.

CIF: B-15572874.

Acto notificado: resolución expediente.

Importe: quince mil euros (15.000 euros).