Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e procedemento ordinario, do proxecto e obra de construcción de 10 vivendas, garaxes e rochos en Lobeira, Cervo, Lugo. (Expediente LU-2001/701).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e obra de construcción de 10 vivendas garaxes e rochos en Lobeira, Cervo, Lugo.

b) Prazo de execución: 24 mes.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentos sesenta e catro mil un euro con trenta e dous céntimos (664.001,32 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: c.

6. Obtención de documentación.

-Copistería Copynino.

Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 58 89 38.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2312

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (número 981 54 16 00) no mesmo día.

8. Posibilidade de variantes.

Admítense.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo