Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 13 de marzo de 2003, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifica a resolución do expediente administrativo sancionador Sanc. 45/2002, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do

27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución de procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da Mariña Mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio, policía e réxime dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo, DOG nº 228, do 28 de novembro) e, en virtude do disposto na resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 20 de marzo de 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que desempeña o director, posto actualmente vacante, é a xefa da Área de Explotación e Planificación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (artigo 107 en relación co artigo 114 da Lei 30/1992). O prazo para a súa interposición será dun mes (artigo 115 da Lei 30/1992), contado desde a notificación desta resolución.

No caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectivo o importe da sanción na conta número 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria, no prazo de 15 días hábiles seguintes ó da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo; e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

Expediente: Sanc. 45/2002.

Matrícula: C-3749-CJ.

Denunciante: celador garda-peiraos de Ribeira.

Denunciado: Joftel, S.C.

Último enderezo coñecido: rúa República Argentina, 9. 15701 Santiago de Compostela. A Coruña.

Feito denunciado: estacionamento en carril de circulación e con sinal prohibitivo vertical.

Data: 11-3-2002.

Hora: 12.20 h.

Porto: Ribeira.

Precepto infrinxido: artigo 114.1º a) da Lei 27/1992. Artigo 17 da O.M. 12-6-1976.

Precepto sancionador: artigo 120 da Lei 27/1992.

Sanción proposta: 180,30 euros.