Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da subministración dun mínimo de 1.000 contedores para a recollida de residuos urbanos.

1. Entidade adxudicadora.

1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

1. Descrición do obxecto: subministración dun mínimo de 1.000 contedores para a recollida de residuos urbanos.

2. Prazo de execución: corenta e cinco días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

1. Tramitación: ordinaria.

2. Procedemento: aberto.

3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento trinta mil euros (130.000 A).

5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 2.600 A.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 5.200 A.

7. Documentación e información.

1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2300.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesados en concursar a esta licitación deberán

enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobre A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas: ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 8.3; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente