Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións da sede para o desenvolvemento do programa Atlántida.

A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que seguidamente se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 4/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións da sede para o desenvolvemento do programa Atlántida.

b) Prazo de execución: 2 de maio ó 13 de xuño de 2003, ámbolos dous inclusive.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e cinco mil cinco euros con vinte céntimos (65.005,20).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e Dirección Xeral de Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano s/n, bloque 3-1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 48 53.

e) Fax: 981 95 70 95.

f) Data límite da obtención de documentación e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

g) Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2329.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira acreditada por calquera medio dos establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica ou profesional acreditada por calquera medio dos establecidos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

2. Enderezo: San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 95 70 95) ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 80 do R.D. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data de apertura: oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado