Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, de asistencia á deputación para o control de calidade das obras incluídas no proxecto de rehabilitación do teatro Colón.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia a deputación para o control de calidade das obras incluídas no proxecto de rehabilitación do teatro Colón, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Servicio de Patrimonio e Contratación entre as 9 e as 13 horas dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de marzo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoPrazo de execución da obra que se vai dirixirClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Rehabilitación do teatro Colón (A Coruña)68.332,49 eurosComprenderá o prazo de execución da obra ampliado nun mes máis para a realización dos traballos de probas finaisNon se esixeNon se esixeNon se esixe