Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, do polígono 6-7 do Plan parcial das Fontiñas, redactado por Emuvissa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Conforme o disposto no artigo 143.7º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, durante o prazo de vinte días poderán manifestar por escrito ante o Concello de Santiago de Compostela a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

De producirse a manifestación de desconformidade, darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ó Xurado de Expropiación, para efectos de fixa-lo prezo xusto.

Conforme o previsto no artigo 143.8º da citada Lei 9/2002, de non formular oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

Este anuncio serviralles de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC) ós propietarios que a seguir se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

ANEXO

Nº ParcelaRef. cat.Titular

14NH3487G-8478812Iglesias Zas, Santiago

24NH3487G-8478822De la Torre Domínguez, Santiago

35NH3487E-8377720Rozas Mayo, Antonio

54NH3487F-8677602Controvertida entre Plavimundo e Ferreiro Vieites, Antonio

55NH3487F-8677603Hs. Otero Domínguez, Dolores

74NH3487E-8377112BHs. Botana Bao, Antonio

75NH3487E-83777113Hs. Salvado Mariño, Andrea