Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO de corrección de erros.

O anuncio de aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do parque empresarial de Coirós foi publicado no Diario Oficial de Galicia do día 13 de marzo de 2003 (número 51), páxina 3.031. Nel non se fai consta-la remisión da documentación á

consellería, como dispón o artigo 92 da vixente Lei de ordenación urbanística de Galicia.

Así, corríxese o dito anuncio no sentido de facer público que a documentación do Plan parcial de ordenación do parque empresarial de Coirós foi remitida á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Coirós, 13 de marzo de 2003.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde