Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.731

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 5 de marzo de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, anunciada por Orde do 31 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 7 de febreiro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, mediante Orde do 31 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 7 de febreiro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 31 de xaneiro de 2003.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data

da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado

ANEXO

Apelidos e nome: González Torres, María Ángeles.

NRP: 4444568657 A2059.

Grupo: D.

Código do posto: FA.C06.00.000.15770.001.

Denominación: secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: González Sánchez, Emilia.

NRP: 0938939257 A2060.

Grupo: A.

Código do posto: FA.C99.10.000.15001.090.

Denominación: secretario/a provincial.

Nivel: 28.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS

LABORAIS