En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:
«Data do 10 de marzo de 2003. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario de provisión temporal. Excmo. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, praza de Galicia, s/n, A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da devandita data, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial, en uso das atribucións que lle confire a Orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no punto décimo primeiro da orde ministerial do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno do 28 de febreiro de 2003:
Alberto Ballón Lage. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos.
María Regina Peña Sangil. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilalba.
Alfredo Berini Cruceiro. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Vilalba.
Celia Carmen Rodríguez Arias. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres do Porriño.
Benita María Gándara Valije. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Tui.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial».
Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno, do 28 de febreiro de 2003, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 12 de marzo de 2003.
Jesús Souto Prieto
Presidente do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia