No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de material informático para os distintos negociados da deputación, con tipo máximo de licitación de 26.443,99 euros para o lote 1 e 12.861,70 euros para o lote 2 (IVE incluído), mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.
Ourense, 18 de marzo de 2003.
José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense