O Concello de Lousame convoca licitación pública para adxudicación por concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia das seguintes obras incluídas no POS-BASE 2003.
-Saneamento en Carantoña.-Saneamento en Quintáns, Lesende.
a) Prego de cláusulas administrativas particulares.
É de aplicación o prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso, con procedemento aberto, aprobadas pola deputación provincial. BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.
b) Cadro de características dos contratos.
1. Proxecto: saneamento en Carantoña.
2. Orzamento: 44.231,87 A.
3. Aplicación orzamentaria: 611.00.
4. Prazo de execución: 4 meses.
5. Clasificación: non se esixe.
6. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais, seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.
7. Lugar de presentación de ofertas: Casa do Concello. Oficinas xerais. Portobravo, 1, Lousame. En horario de 9 a 14 horas. Sábados de 9 a 13 horas.
8. Garantía provisional: non se esixe.
9. garantía definitiva: 4% s/ prezo de adxudicación.
10. Revisión de prezos: non procede.
11. Taxas de participación: 30,05 euros/obra.
12. Apertura de proposicións: cuarto día hábil seguinte, agás sábado, ó de remate do prazo de presentación de propostas, ás 19 horas, na casa do concello.
13. Lugar de recollida de documentación: Selecom 99, S.L. Copynoia. Rúa de Galicia, 54 baixo. Esq. Noia, teléfono: 981 82 50 24.
-1. Proxecto: saneamento en Quintáns, Lesende.
-2. Orzamento: 87.796,90 euros.
As características do contrato desta obra son as mesmas que as do anterior.
Ponse en coñecemento dos licitadores que serán ó seu cargo os gastos de publicidade; honorarios por dirección técnica da obra e taxa por participación na licitación. A puntuación mínima para resultar adxudicatario do concurso será de 5 puntos.
ANEXO I
MODELO DE PROPOSICIÓN
D/Dna..., con domicilio en..., teléfono..., con DNI nº... (pasaporte ou documento que o substitúa)... actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI/CIF, con domicilio social en...; toma parte no concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para adxudicación da obra..., facendo constar.
1. Que ofrece o prezo de... (en letra e cifras) euros, IVE incluído, que significa unha baixa de... euros, equivalente a unha porcentaxe do...%, en relación co tipo de licitación.
2. Que coñece e acepta o proxecto técnico, así como obrigas que derivan do prego de cláusulas técnicas e administrativas.
3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administraitvas particulares.
En... o... de... de 2003.
O/A licitador/a
ANEXO II
MODELO DE SOBRE
Proposición para tomar parte no concurso para adxudicación da obra...
Sobre A: proposición económica.
Sobre B: documentación, podendo suplirse por certificación do Rexistro Provincial de Contratistas.
Sobre C: referencias técnicas.
Lousame, 14 de febreiro de 2003.
José Ramón Vidal Castelo
Alcalde