Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: r/ Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: L.M.T.A., C.T.I. A Igrexa-Pereira.
Situación: O Pino.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV, de 1.770 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. A Lavacolla-Millares e final nos CC.TT. Alvarín e A Igrexa-Pereira de 100 kVA c/u. Concello do Pino.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de
instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 3 de febreiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña