Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/109-2, 5898 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. no Souto Piñeiro.

Situación: Xermade.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,895 km, con orixe na L.M.T. a C.T. de Piñeiro, conductor tipo LA-56, e final no C.T.I. O Souto. C.T. intemperie con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V L.B.T. aérea con lonxitude de 0,02 km, con orixe no C.T.I. O Souto e conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 29 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo