Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/433-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T., R.B.T. e c. seccionamento Santa Lucía II.

Situación: concello de Moraña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 528 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o conductor R.H.V. da L.M.T. ó C.T. Santa Lucía existente ó C.T. existente do Buelo e desde o apoio C.H. 1600/20 ata o C.T. que se proxecta denominado Santa Lucía II, continuando ata o centro de seccionamento que se proxecta en Santa Lucía e rematando na L.M.T. TIB 801 (Segade). C.T. de 250 kVA, R/T 20 kV-380/220 V. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior. R.B.T. subterránea, de 96 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra