Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: r/ Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: L.M.T.A., C.T.I. San Paio (Sabugueira).
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 10/20 kV de 8 metros de lonxitude en conductor LA-56, que parte do apoio nº 3 da L.M.T. aéreo-subterránea na Lavacolla a derivación C.T. Amarelle e final no C.T. aéreo de 100 kVA en San Paio-Sabugueira. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone
los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña