Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, O Troncal, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. polig. A Granxa-paralela 1-parcela 256.
Situación: concello do Porriño.
Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 64 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. ATI 702, entre os CC.TT. consorcio zona franca e polig. A Granxa n. 3, entrando nun centro de distribución existente, no polig. A Granxa, e rematando no punto de inicio da liña, no concello do Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de xaneiro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra