Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0413, interposto contra a resolución do delegado provincial da Coruña do Instituto Galego de Vivenda e Solo, do 30 de maio de 2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido no Birloque, bloque 5-P-5, baixo dereita, A Coruña, a resolución do recurso de alzada número V-2002/0413, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 30 de maio de 2002, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude, resolvo desestima-lo recurso de alzada (expediente número V-2002/0413) interposto por Francisco Javier Babío Esmorís contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, do 30 de maio de 2002, pola que se acorda ordena-lo lanzamento de Franciso Javier Babío Esmorís e outros da vivenda que ocupan sita no Birloque, bloque 5, portal 5, baixo dereita, A Coruña (expediente C-1-CD/79, conta 164) e se proceda á liquidación dos efectos económicos do contrato resolto, outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario dela ou a presentación da solicitude de cambio de réxime a arrendamento coa documentación requirida; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, de conformidade co artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-adminitrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda