Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reformas varias en vestiarios e zonas de socios no pavillón municipal dos deportes.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento: 64.720,13 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica.

5. Garantías: a) Provisional: 1.294,40 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Lugar: Servicio de Contratación. Praza de España. Pontevedra 36071, teléfono: 986 80 43 00.

7. Presentación das ofertas: data límite: 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG. Documentación: cláusula 16 do prego. Lugar: Rexistro Xeral do Concello (9 a 13 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusula 19 do prego, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde delegado da Área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral