A Comisión de Goberno acordo aproba-los trámites para a adxudicación, por concurso aberto, das obras de urbanización do vial SG-V3 e glorietas pertencentes ós sistemas SG-V2 e SG-V4 de conexión coa C-533 e coa rúa do Rodo en Lalín. Para o efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:
Entidade adxudicadora: concello de Lalín. Praza do Concello nº 1, 36500 Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.
Obxecto: obra de urbanización do vial SG-V3 e glorietas pertencentes ós sistemas SG-V2 e SG-V4
de conexión coa C-533 e coa rúa do Rodo en Lalín. Importe orzamento: 1.566.746 A (un millón cincocentos sesenta e seis mil setecentos corenta e seis euros), IVE incluído.
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.
Garantía provisional: 2% do orzamento.
Clasificación do contratista: para poder participar nesta licitación, as empresas deberán estar clasificadas da seguinte forma:
-Grupo B, subgrupo B-2, categoría E.-Grupo E, subgrupo E-1, categoría D.-Grupo G, subgrupo G-4, categoría E.
Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio BOP; en horario das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.
Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.
Lalín, 12 de marzo de 2003.
Alcalde acctal.
Rubricado