Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos neste complexo hospitalario. (C.P. 8/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense, Dirección de Recursos Económicos, Unidade de Contratación, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense. Teléfono 988 38 56 91. Fax 988 38 54 04.

b) Número do expediente: C.P. 8/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos no Complexo Hospitalario de Ourense.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: ve-lo punto 2 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso publico, respectivamente.

4. Canon mínimo anual por máquina instalada: 720 euros.

5. Garantía provisional: 2.300 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: ve-lo punto 1 deste anuncio.

b) Data límite: días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas, ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ve-los puntos 11 e 12 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (antes das 14 horas). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral, rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa), 32005 Ourense.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Data: décimo primeiro día contado a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: 9.30 horas.

d) Acto público.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación: ve-lo punto 13 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b)Lingua: castelán ou galego.

11. Anuncios: o pagamento do anuncio por conta do adxudicatario do contrato.

12. Para consultar pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 20 de febreiro de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense