Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo 2003 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación dos servicios de realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e Instituto Galego de Promoción Económica para a captación de investimentos para Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e Igape para a captación de investimentos para Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 2/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de realización e producción dun anuncio publicitario sobre Galicia e o Igape, segundo o detalle establecido na cláusula 3 do prego de prescricións técnicas. Nomenclatura CNPA: 74.4, 74.40.12.00, 92.1.

b) Prazo de vixencia: tres meses desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe máximo total 130.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2.600 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo T, subgrupo 4, categoría C, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría C da Orde do 24 de novembro de 1982.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do 16 de abril.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en dous sobres pechados, e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público, o 30 de abril de 2003, procederase á apertura das proposicións técnicas e económicas.

e) Hora: 13.

10. Gastos de anuncios: 1.300 euros máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica