Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: A Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T. e centro de distribución Pazos de Reis-I.
Situación: concello de Tui.
Características técnicas: L.M.T., subterránea a 20 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a subestación propiedade de Unión Fenosa ata o centro de seccionamento que se proxecta en
Pazos de Reis-I, no concello de Tui, composto de dous edificios e con celas de corte SF6. Transformador auxiliar de 1,5 kVA.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 24 de xaneiro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra