Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/553-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, O Troncal, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.D. deriv. Frigalsa-Padín-r/ Párroco D. Serafín.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 3x125 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. proxectado nomeado deriv. Frigalsa-Padín ata o empalme para realizar coas LL.MM.TT. subterráneas existentes ós CC.TT. Frigalsa, Riouxa e Catro Pontes. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 125 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. proxectado ata o apoio existente tipo C-2000/14 desde onde continúa a L.M.T. aérea ó C.T. Padín. Centro de distribución con catro celas de liña CML-SF6. A instalación está situada na rúa Párroco Don Serafín, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra