Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.463

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se anulan preguntas ou modifican respostas do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test.

Detectados erros nas preguntas que a seguir se relacionan, correspondentes ó cuestionario do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), tanto da quenda de acceso libre como da quenda de promoción interna, e para garantir que na citada proba se debe permitir, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións do coñecemento e aptitude dos aspirantes, o tribunal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de marzo de 2003, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Declarar nulas e ter como non postas as preguntas nº 44, 73, 97 e 112 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), tanto da quenda de acceso libre como da quenda de promoción interna.

Segundo.-Modifica-las respostas dadas en principio como correctas das preguntas 81, 82 e 133 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), tanto da quenda de acceso libre como da quenda de promoción interna, que quedan establecidas nas seguintes: 81 d); 82 a); 133 c).

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal