Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.456

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, pola que se publica a puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 10 de marzo de 2003, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002, da Consellería da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.4. da convocatoria, á vista de que non se formularon alegacións á baremación provisional da fase de concurso, aprobada por resolución do tribunal do 11 de febreiro de 2003, e publicada no DOG nº 36, do 20 de febreiro, publica-la puntuación definitiva obtida na fase de concurso polos aspirantes que superaron a fase de oposición, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os aspirantes que o consideren oportuno poderán formular recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Presidente do tribunal

ANEXO

Escala de enxeñeiros técnicos industriais

Acceso libre

DNIPRIMEIRO

APELIDO

SEGUNDO

APELIDO

NOMEII.1.2.1II.1.2.2II.1.2.3II.1.2.4.a)II.1.2.4.b)TOTAL

09788202TGARCÍAÁLVAREZEVA ÁUREA000000

32658992GGARNELOPRECIADOIGNACIO000000

33259263KMARTÍNEZARCAISIDORO06,40006,4

32663575XSÁNCHEZLÓPEZFERNANDO MANUEL000000