Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.440

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN dun vehículo.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en contrata-lo arrendamento dun vehículo tipo turismo, na modalidade sen conductor.

Nº de expediente: MN/001/03.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa 5A-6ºB Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación deste anuncio.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, tramitación ordinaria.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono: 981 57 76 50. A documentación tamén pode ser consultada na páxina web do Sergas (http://www.sergas.es).

Apertura de sobres: o acto público de apertura de proposicións terá lugar a partir das 11 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

(O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.