De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo.
En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou Administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.
Así mesmo, advírtese ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Oviedo, 28 de xaneiro de 2003.
José Mª Menéndez Quintana
Xefe do Servicio de Recadación de Oviedo
Datos do contribuínte: B33589599. Cablogis, S.L. Estrada La Estación-Viella, 7. Siero.
Concepto/Descrición/Obx. trib.: recadación sancións transportes LU.